[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

ÚLTIMAS NOVAS

As asociacións galegas de maiores poderán crear o seu propio espazo web

18/08/2008 | OCEG

Trátase dunha iniciativa da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España (UDP), financiada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Avanza.

[ + información ]

Vilagarcía acolleu a presentación da primeira web galega sobre a diversidade lingüística mundial

18/08/2008 | Xunta de Galicia

A primeira web galega sobre a diversidade lingüística no mundo deuse a coñecer en Vilagarcía de Arousa durante a presentación da exposición “As nosas palabras, os nosos mundos”, que se poderá visitar nesta cidade pontevedresa desde o día 11, ata o 24 de agosto. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, que dirixe Marisol López, puxo en marcha de xeito paralelo ambas as dúas iniciativas, tanto o sitio www.asnosaspalabras.org como a mostra de carácter itinerante, co obxectivo de sumarse á celebración do Ano Internacional das Linguas e do Ano Europeo do Diálogo Intercultural.

[ + información ]

A rede wimax custaralle aos veciños do centro histórico compostelán entre 25 e 39 euros .

12/08/2008 | A Voz de Galicia

O ano próximo estará en funcionamento con plenas garantías a rede wimax no centro histórico de Santiago. De que iso sexa así se encargará Colabora Enxeñeiros, unha das once empresas que concorreron á convocatoria pública para a implantación do servizo. Tamén se ocupará do seu mantemento e xestión, o que implica un custo de 16.000 euros ao ano. Instalalo suponlle ás arcas públicas 367.000 euros, de acordo á oferta da adxudicataria. é dicir, que ao Concello suporalle un investimento de menos de cen mil euros, dado que o Ministerio de Industria achegará 275.000 euros.

[ + información ]

RSS das Noticias Máis novas...

Enlace ao OCEG Observatorio

Formación na EGAP

Acceso a Galimap

Acesso a DXAL

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP