Acceso Privado: Entrar »
Portal da Administración Local de Galicia
Programa de Concertos Didácticos de Órgano
22/02/2010
Esta iniciativa, pioneira en España, na que participa a Deputación de Ourense, a Consellería de Cultura e o Concello de Celanova, tenta achegar a nenos e xóvenes a riqueza musical que ao longo dos séculos representou a música de órgano, así como o patrimonio cultural, histórico e etnográfico de Celanova, unha das vilas máis fermosas de Galicia e de gran relevancia no eido cultural galego.
[ + información ]
Aberto o prazo de inscrición nas probas que organiza Política Lingüística para obter a certificación de coñecemento de galego
09/02/2010
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de facer pública a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. O departamento que dirixe Anxo Lorenzo realizará ao longo deste ano tres quendas de exames, que terán lugar en maio, na comunidade galega; en outubro, en América; e, finalmente, no mes de novembro, en Galicia, no resto de España e en Europa. Os prazos para a inscrición nalgunha das tres convocatorias, segundo se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, rematan os días 25 de marzo, 30 de xuño e 8 de outubro, respectivamente.
[ + información ]
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia ofertará a partires de outubro 46 cursos técnicos e especializados
10/08/2009
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar inicia o próximo mes de outubro a súa programación formativa, que se prolongará ata xuño de 2010.
[ + información ]
15/12/2009
[ + información ]


