Ampliación do prazo de Adhesión en liña ao Convenio para o desenvolvemento da e-administración nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia
03/01/2012 | Dirección Xeral de Administración Local
Considerando que xa se adheriron na súa maior parte todos os concellos e menor número as outras entidades locais, pero que é obxectivo do referido convenio acadar a maior adhesión posible, cara a facilitar a extensión do convenio, estímase necesario realizar unha nova prórroga (31 de marzo de 2012) , e para elo, faise pública unha Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia . A cumprimentación, sinatura e envio á Xunta destes documentos (protocolo e certificado) realízase de xeito dixital (en liña).
Con data 13 de xullo de 2010 a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a
Secretaría Xeral de Mordernización e Innovación Tecnolóxica e a Federación Galega de Municipios e
Provincias (FEGAMP) asinaron un convenio para o desenvolvemento da administración electrónica nas
entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. Este convenio favorece un novo modelo de
relación entre as administracións públicas e os cidadáns, máis fluídas e frutíferas, baseadas na
vocación cooperativa de apoio aos concellos. Esta aposta pola eAdministración enmárcase nunha
estratexia que pasa polo uso intensivo das novas tecnoloxías como instrumento de dinamización
social e económica.
O convenio de colaboración, con vixencia ata decembro do 2013, ten por obxecto impulsar o
proceso de modernización da administración nas EELL de Galicia, para garantir aos cidadáns o acceso
electrónico aos servizos públicos, dando para elo cobertura ás actividades e proxectos precisos
para o desenvolvemento da eAdministración na Administración pública.
Os requisitos e pasos para a adhesión ao convenio detállanse nos seguintes puntos:
1. Aprobación da adhesión ao convenio polo órgano competente da entidade local
2. Cumprimentación e sinatura do protocolo de adhesión por parte do alcalde, presidente
segundo corresponda.
3. Cumprimentación e sinatura do certificado de aprobación de adhesión polo órgano competente
por parte do secretario e posterior validación-sinatura por parte do alcalde ou presidente da
entidade local.
A cumprimentación, sinatura e envío á Xunta destes documentos realízase de xeito dixital (en
liña) a través da opción do portal EidoLocal “ Xunta de Galicia – Convenios Xunta de Galicia”,
logos habiliatdos na pantalla de inicio da web
Para elo tanto o alcalde como o secretario da entidade deberán contar cun certificado dixital
da FNMT de Clase 2 CA, emitido pola FNMT – RCM ou DNI-e
O prazo de adhesión ao convenio é ata o 31 de marzo do 2012.
A non adhesión no prazo establecido comportará o cesamento da prestación dos servizos
amparados no convenio do Portelo Único. Lembrarlle que este convenio substitúe ao convenio do
Portelo Único recollendo os seus servizos e ampliándose cun catálogo de novos servizos de uso
opcional.
Ficheiros adxuntos:
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
