Convenio de eAdministración
- Que é?
- Acceso ao convenio
- Acceso ao catálogo de servizos
- Como adherirse?
- Estado actual das adhesións
- Outra documentación de interese
Que é?
O Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia ten o obxectivo de favorecer un novo modelo de relación entre as administracións públicas e os cidadáns, máis fluídas e frutíferas, baseadas na vocación cooperativa de apoio aos concellos. Esta aposta pola eAdministracións enmárcase nunha estratexia de pais que pasa polo uso intensivo das novas tecnoloxías como instrumento de dinamizacións social e económica.
Con vixencia ata decembro do 2013, o acordo, asinado polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), garantirá por parte da Administración Autonómica a prestación dunha serie de servizos a aquelas EELL que estean adheridas ao Convenio.
Acceso ao convenio
No seguinte enlace pode consultar o documento completo do Convenio de eAdministración.
Acceso ao catálogo de servizos
A adhesión ao Convenio pon á disposición das entidades locais unha serie de servizos relacionados coa Administración electrónica. O catálogo completo dos servizos recollidos no convenio está dispoñible na seguinte ligazón: Catálogo de servizos.
Como adherirse?
Para facilitar a adhesión do maior número de entidades posibles, o prazo establecido para a adhesión das EELL ao convenio ampliouse dúas veces, sendo o prazo definitivo de fin de adhesión o 31 de decembro de 2011. A non adhesión no prazo establecido comportará o cesamento da prestación dos servizos amparados no convenio do Portelo Único.
Primeira adenda de ampliación de prazo ao Convenio (ampliación ata 31 de marzo de 2011).
Segunda adenda de ampliación de prazo ao Convenio (ampliación ata 31 de decembro de 2011).
Terceira adenda de ampliación de prazo ao Convenio (ampliación ata 31 de marzo de 2012).
Cuarta adenda de ampliación de prazo ao Convenio (ampliación ata 31 de decembro de 2013).
Os requisitos e pasos para a adhesión ao convenio son:
- Aprobación da adhesión ao convenio polo órgano competente da entidade
- Cumprimentación e sinatura do protocolo de adhesión ao convenio
- Cumprimentación e sinatura do certificado de aprobación de adhesión polo órgano competente
A cumprimentación, sinatura e envio á Xunta destes documentos (protocolo e certificado) realízase de xeito dixital (en liña). Para elo tanto o alcalde/alcalde-pedaneo/presidente como o secretario da entidade deberán contar cun certificado dixital da FNMT de Clase 2 CA.
-
Protocolo de adhesión (cumprimentar e asinar dixitalmente polo alcalde/alcalde-pedaneo/presidente)
-
Certificado do acordo de adhesión ao convenio (cumprimentar e asinar dixitalemente polo secretario e posteriomente validación e sinatura dixital polo alcalde/alcalde-pedaneo/presidente)
-
Protocolo de adhesión (cumprimentar e asinar dixitalmente polo alcalde/alcalde-pedaneo/presidente)
-
Certificado do acordo de adhesión ao convenio (cumprimentar e asinar dixitalmente polo secretario e posteriomente validación e sinatura polo alcalde/alcalde-pedaneo/presidente)
Estado actual das adhesións
Dende o inicio do proceso en Xullo de 2010, un elevado número de EELL formalizaron a súa adhesión ao convenio e xa poden dispoñer dos servizos incluídos ao abeiro do mesmo, tal e como consta nas resolucións de conformidade de adhesión emitidas pola comisión de seguimento do convenio que se poden consultar nos seguintes enlaces:
Con data de 31 de marzo de 2012, dos 315 concellos que forman a Comunidade Autónoma, 304 concellos realizaron a adhesión ao Convenio.
- O 97% dos Concellos de Galicia están adheridos ao convenio
- O 100% das Deputacións Provinciais están adheridas ao convenio
|
|
|
![]() |
|
|
Outra información de interese
No Anexo II Oficinas de Rexistro Conveniadas do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia está dispoñible o listado de entidades locais que disponen de oficinas de rexistro Xunta.
Listado entidades locais que dispoñen de oficinas de rexistro Xunta
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a

