Oficina eConcellos

  

Subir

Que é?

A Xunta de Galicia está a intensificar o desenvolvemento de iniciativas, proxectos e servizos para o impulso da modernización das EELL. Este aumento de actividade deriva na necesidade de contar cun servizo que:

  • Coordine as iniciativas, proxectos e actividades que se están a desenvolver desde a Xunta de Galicia, aliñándoos coa súa estratexia TIC.

  • Xestione e controle os servizos que se están a prestar

  • Identifique novas necesidades e defina novos servizos de interese para as EELL.

Con este fin, nace a Oficina eConcellos, iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e liderada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia co ánimo de poñer a disposición dos concellos de Galicia unha oficina técnica de apoio e asesoramento no desenvolvemento das tecnoloxías e a promoción de proxectos de modernización no eido da eAdministración.

 

  esquema

 

 



Dende a Oficina eConcellos, quérese impulsar unha acción coordinada entre a Xunta de Galicia e as entidades locais, como elemento fundamental para acelerar a incorporación das tecnoloxías da información e comunicación aos concellos de Galicia, realizando para elo as seguintes actividades:

  • Soporte e asesoramento aos concellos no marco dos proxectos e actuacións de índole autonómico relacionadas co desenvolvemento da Administración electrónica.

  • Asesorar ás entidades locais no impulso de iniciativas orientadas á aplicación das novas tecnoloxías no eido da administración pública.

  • Identificar e informar sobre necesidades comúns de administracións locais no desenvolvemento dos seus sistemas e infraestruturas tecnolóxicas

  • Coordinación de accións que involucren á Xunta e aos concellos para o desenvolvemento da eAdministración.

  • Contribuir ao cumprimento da normativa vixente sobre o uso das tecnoloxías da información e comunicación nas entidades locais galegas

 

Subir

Información de contacto 

Asesoramento e resolución de dúbidas:

A Oficina eConcellos está á disposición das entidades locais para a resolución de dúbidas e para proporcionar asesoramento naqueles temas relacionados coa administración electrónica, tanto por correo electrónico como telefónicamente:

 

  econcelloss2

 

 



Tanto no correo como no teléfono facilítanse os seguintes servizos:

  • Asesoramento e apoio para a implantación de plans de mellora ou modernización administrativa e proxectos de implantación da eAdministración nas entidades locais galegas.

  • Información sobre actividades divulgativas e formativas para os concellos

  • Asesoramento sobre os servizos do catálogo do Convenio de eAdministración.

  • Atención a dúbidas e asesoramento en materia de eAdministración nas EELL.

  • Soporte e asesoramento de actuacións e proxectos autonómicos relacionados co desenvolvemento da Administración electrónica, de interese para as EELL.

  • Asesorar sobre a normativa vixente sobre o uso das TICs nas EELL para o seu cumprimento

Subir