6 DE ENERO DE 2009 | 10:40
GALEGO | ESPAÑOL
    
Audiovisualdegalicia.es
Curtas na rede
 

BUSCADOR

     
O Observatorio do Audiovisual en Galicia www.observatorioaudiovisual.org é un servicio da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual da Presidencia da Xunta de Galicia, que ten a finalidade de proporcionar unha información permanentemente actualizada sobre o sector audiovisual, dirixida aos axentes implicados neste sector, tanto empresas como institucións.

En referencia ao sector audiovisual na comunidade galega, nos últimos anos leváronse a cabo importantes avances en materia de información. O Observatorio contribue a facilitalo acceso a este coñecemento nas distintas seccións da sua páxina WEB e a manter permanentemente actualizada dita información.

O Observatorio ten como elemento central o catálogo que recolle os principais indicadores estadísticos do sector e do mercado, contextualizando as observacións propias coas medicións e variables doutros observatorios tanto de carácter nacional como internacional. Proporciónase deste xeito unha información obxectiva de grande importancia para o deseño de estratexias tanto para as empresas como para as institucións.

Además, incorporase información sobre a estructura sectorial, con seccións destinadas ás institucións e as empresas existentes, facilitando ó acceso á base de datos do Rexistro de Empresas do Audiovisual.
A exposición itinerante de Galiciadixital estará na Facultade de Historia (campus de Ourense) do 12 ó 16 de xaneiro.
Ciclo de cine infantil en galego no MACUF.
Curso de Introducción de Cine Documental no MACUF.
VER MÁIS  
  WWW.OBSERVATORIOAUDIOVISUAL.ORG AVISO LEGAL   |   CONTACTO