Acceso usuarios
Usuario:
Contrasinal:
Se o seu centro productivo xa está rexistrado en EPER, introduza o seu nome de usuario e o seu contrasinal. De non ser así, deberá realizar o proceso de rexistro.
Poden usar os datos de acceso de www.eper-es.es. Aqueles centros que realizaron a declaración EPER en anos anteriores, non deben realizar o proceso de rexistro. GRAZAS.
Pulse no enlace para rexistrarse

Introducción

P.R.T.R. responde ás siglas European Pollutants Release and Transfer Register (Rexistro Europeo de Emisións e Transferencias de Contaminantes). Os tipos de emisións e transferencias recollidas en EPRTR son emisións á atmosfera, emisións á auga, emisións ao solo, transferencias fóra do emprazamento de residuos e transferencia fóra do emprazamento de contaminantes a través da auga.

PRTR

PRTR-Galicia ten aplicación sobre as actividades industriais contidas no Anexo I do RD 508/2007, a cal deberá ser subministrada a través dos medios e técnicas informáticas ou telemáticas a tal efecto determinen as administracións públicas competentes (artigo 1, apartado 2, RD 508/2007).

· Os sectores afectados son:

  1. Sectores IPPC (segundo a Lei 16/2002).
  2. NON IPPC.
    1. Depuradoras de augas residuais urbanas (>100.000 equivalentes habitantes).
    2. Asteleiros (>100 metros de largo).
    3. Empresas de tratamento de madeira (>50 m3/día).
    4. Minas.
    5. Canteiras (>25 hectáreas).
    6. Piscifactorías (>1.000 Tm/ano).
    7. Outras, citadas no Anexo I, Capítulo II.

· Segundo o artigo 3 do RD. 508/2007 deben notificarse:

  1. As emisións á atmosfera, á auga e ó solo.
  2. Transferencias fora do emprazamento de residuos.
  3. Transferencia fora do emprazamento de contaminantes a través da auga.

· O PRTR incluirá inventario das fontes difusas e contaminación transfronteiriza.


Coa publicación o 23 de xuño de 2007, do RD 812/2007, que na súa Disposición final primeira modifica o RD 508/2007, as instalacións afectadas polo Regulamento 166/2006, en España teñen a obriga de declarar todas as emisións á atmosfera, ao auga e ao solo de calquera dos contaminantes incluídos no anexo II do RD 508/2007, de 20 de abril.

Prazos de Declaración do PRTR no 2009

Dacordo coa RD 508/2007, a data de remisión da información completa por parte da Xunta ao Ministerio de Medioambiente, incluída neste rexistro, será o 30 de xuño de 2009.

Para poder acadar este requisito legal, na nosa Comunidade se establecen os seguintes períodos:

PRAZO DATA_INICIO DATA_FIN
Notificación (Centros Productivos) 01/01/2009 01/03/2009
Rexistro (Centros Productivos) 01/01/2009 01/03/2009
Revisión e Validación (CC.AA.) 30/03/2009 30/06/2009
Revisión e Validación (CC.HH.) 30/03/2009 30/06/2009
Revisión (M.M.A.) 01/07/2009 30/07/2009
Publicación Datos 2007 01/07/2009 null

Poderá poñerse en contacto coa Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para calquera consulta que necesite.

Correo electrónico:
prtr.medioambiente@xunta.es
Teléfono:
981-957-594
Fax:
981-957-545

© Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
San Lázaro s/n, C.P. 15781, Santiago de Compostela, A Coruña - Tlf.: 986 805 026 Fax: 986 805 020