Xunta de Galicia

Consellaría do Medio Rural
Inicio Novas Estrutura Servizos Axudas Publicacións


Navegador
Navegador

DIRECCIÓN XERAL DE PRODUCIÓN, INDUSTRIAS  E CALIDADE AGROALIMENTARIA. Subdirección Xeral de Gandaría
Control Leiteiro Galego
Servizo de Produccións Gandeiras

Introducción ó Control Leiteiro Descrición dos datos e índices empregados no Control Leiteiro
Datos Xerais e
Datos Medios Anuais
Consultas... Consulta de datos individuais da explotación
Consulta de datos completos da explotación  

Introducción

¿Qué é o Control Leiteiro?

É unha das ferramentas básicas do Programa de Mellora Gandeira de Galicia. Consiste en rexistrar obxectiva e sistematicamente a producción e calidade do leite das femias de raza frisona das explotacións galegas que colaboran co Programa, co fin de estima-lo valor xenético da poboación.

Entidades colaboradoras co Control Leitero
  • AFRICOR CORUÑA
  • Enderezo:   Rúa do Ceo, 10 baixo
    (As Cancelas)
    15704 Santiago
    tfno: 981 565 751
    e-mail : africor@teleline.es

  • AFRICOR LUGO
  • Enderezo: Ronda de Fingoi, 117 baixo
    27002 Lugo
    tfno: 982 250 714
    e-mail: africorl@teleline.es

  • AFRICOR OURENSE
  • Enderezo: Apartado de Correos 49
    32630 Xinzo de Limia. Ourense
    tfno : 988 46 22 83

  • AFRICOR PONTEVEDRA
  • Enderezo: Recinto Feiral s/n
    36540 Silleda
    tfno: 986 580 462
    e-mail: africor@deza.com

  • FEFRIGA (Federación Frisona Galega)
  • Enderezo: Rúa Melide, 25-27 baixo.
    15704 Santiago de Compostela. A Coruña

    tfno: 981 57 37 75

    e-mail: fefriga@fefriga.com
    web : www.fefriga.com

Para solicita-la alta no Control Leiteiro Oficial, pódese dirixir ó AFRICOR (Asociación Frisona para o Control de Rendementos) da súa provincia.

¿Qué requisitos debe de cumprir unha explotación leiteira para entrar no Control Leiteiro Oficial?
  • Ter un mínimo de 17 femias rexistradas no Libro Xenealóxico da Raza Frisona.

  • En canto á conformación, para que unha vaca poda ser incluída no Libro ten que cumprir cos requisitos raciais da raza Frisona.

  • Cumprir coa normativa da Campaña de Saneamento Gandeiro.

  • Proporcionar ós controladores tódolos datos das incidencias de carácter reproductivo que se produzan na súa explotación.

No Control Leiteiro recóllense, vaca a vaca, os seguintes datos:
  • Producción: kg de leite.

  • Calidade: % de graxa, % de proteína, % de lactosa, reconto de células somáticas (RCS).

  • Reproducción: Inseminacións (data e touro), partos (data, número, tipo e facilidade).

  • Xenealoxía: data de nacemento, pai e nai.

Estes datos empréganse para calcular e facilitar:
  • Medias de producción e calidade do leite das explotacións.

  • Índices reproductivos.

  • A avaliación xenética das femias e dos sementais utilizados para á mellora xenética a través da reproducción (índices de vaca e proba de touros).

  • O apoio ó manexo técnico e económico da explotación.

 

Durante a última década, o Control Leiteiro galego ven presentando un crecemento constante no número de explotacións e de vacas.

Na actualidade, preto do 30% das femias e máis do 40% das ganderías controladas no estado español atópanse na nosa Comunidade Autónoma.

 

Descrición dos datos e índices empregados no Control Leiteiro DatosXerais e
Datos Medios Anuais
O reconto de células somáticas Consulta dos datos individuais da explotación

atrás

Correo electrónico: Servizo de Produccións Gandeiras

© Xunta de Galicia
Información mantida polo Servizo de Informática
Servizo prestado pola Consellaría do Medio Rural
Última actualización desta páxina: 17-01-2006