[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

Convenios da Xunta de Galicia

Subir

Que é?

Ofrece información sobre os convenios que ten a Xunta de Galicia coas entidades locais nos que intervén a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Nesta sección detállase cada convenio, pódese obter tamén información sobre as entidades locais adheridas e dispoñer da documentación necesaria para poder adherirse. Ademais, ofrece un enlace á páxina da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, onde se pode acceder ao Rexistro de Convenios e, onde poderemos consultar todos os convenios que ten asinados a Administración autonómica. 

Subir

Como funciona?

A opción explica todos os detalles nos que consiste cada un dos convenios e ofrece a posibilidade de descargar documentación mediante enlaces integrados ao longo do texto ou ben no resumo de documentación incluído ao final de cada sección. 

Subir

Convenio do Portelo Único

Dentro do programa de modernización e reforma da Administración pública galega, coa intención de achegar os servizos á cidadanía, cristalizou tamén este proceso cara á Administración local e instrumentouse este proceso mediante a formalización o 15 de febreiro de 1996, logo de acordo do Consello da Xunta e do Consello Federal da Fegamp, do Convenio de colaboración subscrito pola Consellería da Presidencia e Administracións Públicas e a dita federación para a implantación e desenvolvemento dos servizos informáticos e de telecomunicacións nos concellos. A este convenio poderá adherirse a entidade local que o desexe mediante a sinatura dun documento que a habilitará para tal efecto.

A intención da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza é, en todo momento, impulsar o proceso de modernización da Administración local (concellos, mancomunidades…) e, para ampliar a dimensión do proxecto inicial de tecnificación dos medios operativos da Administración, asinouse unha addenda ao citado convenio o 17 de setembro de 2001, co fin de implantar un portal que intensifique a comunicación e tramitación de servizos vía internet entre as entidades locais e a Xunta de Galicia (Eidolocal).

Actualmente continúase levando acabo o proxecto, co obxectivo de proporcionar un servizo denominado PORTELO ÚNICO  que facilite a comunicación entre as distintas administracións e o cidadán, de maneira que encaixe en todas as entidades locais galegas sexa cal sexa a súa dimensión e o seu modelo organizativo.

Con data do 23 de xullo de 2002 e vendo aconsellable a participación no proxecto dos sete grandes concellos galegos (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol), realízase unha invitación a participar no convenio para que todos os servizos incluídos cheguen a todos os niveis da Administración autonómica eximíndoos, con carácter excepcional, da esixencia de adherirse previamente ao sistema de Portelo Único. En resposta a está invitación, os sete grandes concellos acordaron nos seus plenos adherirse ao convenio,  e formalizáronse estes entre o 12 de febreiro de 2004 e o 3 de decembro de 2004. Actualmente os concellos de Ourense, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela están a traballar co servizo do Portelo Único (Rexistro+Eidolocal) e os concellos da Coruña, Lugo e Pontevedra unicamente co Eidolocal.

Deste xeito, existen na actualidade 305 entidades locais adheridas ao convenio que se poden consultar no seguinte documento. A estas hai que engadirlle os tres grandes concellos mencionados anteriormente que participan dos servizos do Eidolocal, pero non dispoñen do servizo de rexistro Xunta.

Neste documento resúmese a información necesaria que debe ter unha entidade local e a documentación que debe presentar para adherirse ao convenio.

En resumo, a documentación relacionada con este convenio é a seguinte:

 

Subir

Convenio Marco 060

No ano 2006 a "Administración General del Estado" puxo en marcha a Rede 060, unha iniciativa que establece un novo modelo de servizo público, no que os cidadáns poden realizar xestións ou recibir información de calquera das tres administracións involucradas no proxecto (Central, Autonómica e Local) de tres xeitos diferentes: en oficinas, a través da internet ou por teléfono.

O 17 de abril de 2007, a "AGE" formalizou un Convenio Marco coa Comunidade Autónoma de Galicia (publicado no BOE de 5 de xullo de 2007 e no DOG o 6 de xullo de 2007), para a implantación dunha Rede de Oficinas Integradas de Atención ao Cidadán (Oficinas 060) no ámbito territorial de Galicia, sustituíndo este convenio ao Convenio Marco da Ventanilla Única asinado o 21 de xuño de 1997 (DOG de 16 de febreiro de 1998). As oficinas integradas se clasificarán en función do nivel de servizo que presten:

Segundo establece a cláusula duodécima deste novo convenio, as entidades locais que o desexen poden adherirse ao mesmo, co obxecto de que os cidadáns poidan presentar nos seus Rexistros solicitudes, escritos e comunicacións que dirixan á "Administración General del Estado" e á súa Comunidade Autónoma.

Inicialmente as entidades locais prestarán un nivel de servizo de Oficinas de contacto (nivel 1), e nunha segunda fase, sempre á vontade da entidade local, poderase determinar a adscrición a outros niveis de xestión de servizos.

As entidades locais interesadas en adherirse a este convenio poderán solicitalo por escrito á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas, Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza , Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781- Santiago de Compostela, presentando cumprimentada e asinada a seguinte documentación:

Unha vez realizada a solicitude a comisión de seguemento avaliará a mesma no prazo de 15 días e, unha vez aceptada, A Xunta de Galicia proceda á publicación da súa adhesión no Diario Oficial de Galicia.

As entidades locais que se adhiran comprometeranse a:

Disponse de máis información ao respecto en:

Ante calquera dúbida ou problema que se suscite poderá dirixirse a:

Lista de entidades locais da Comuidade Autónoma de Galicia adheridas ao Convenio Marco do 060-Oficinas integradas 060

Subir

Convenio Junta de Andalucía

A Xunta de Galicia, na súa aposta pola mellora e a innovación nas relacións cos cidadáns e apostando por novas solucións de acceso a través de Internet e outras canles, formalizou o 12 de xuño de 2008, un Convenio en materia de administración electrónica coa Junta de Andalucía.

Ambas comunidades autónomas teñen experiencia abonda neste terreo apostando claramente pola implantación de servizos ao cidadán a través da administración electrónica, e dado que é unha prioridade do goberno de Galicia a modernización das súas administracións, non soamente a través do uso das tecnoloxías da información e a comunicación, senón tamén desenvolvendo solucións que promovan a transparencia, a participación cidadá e a mellora continua na xestión, formalizouse este convenio. O obxectivo deste convenio é o desenvolvemento e o impulso da administración electrónica en áreas como a mellora dos procedementos administrativos, a través dunha ferramenta interna para estes, con ferramentas de tramitación electrónica, xestión de expedientes e servizos software que permitan aos órganos xestores o desenvolvemento das súas aplicacións.

Neste convenio, ambas comunidades comprométense a fomentar e dirixir actuacións encamiñadas a informar e acercar os medios da administración electrónica á cidadanía, para elo cederanse mutuamente as plataformas de administración electrónica. Estas actuacións e ferramentas permiten, entre outras cuestións, unificar a xestión dos documentos recibidos por Internet, así como dispoñer dunha ferramenta informática de notificación para unha mellor comunicación cos seus usuarios. Este impulso podería servir no caso de Galicia para fomentar a cooperación na administración electrónica coa administración local galega, xa que o acordo prevé a posibilidade de anexión das entidades locais de Galicia.

No enlace http://www.juntadeandalucia.es/repositorio/ dispoñen dun repositorio de software que as entidades locais poden utilizar previa adhesión ao convenio mediante a sinatura do protocolo de adhesión. As entidades locais interesadas en adherirse a este convenio poderán solicitalo por escrito á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas, Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza, Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781-Santiago de Compostela, presentando cumprimentada e asinada a seguinte documentación:

Para máis información pode dirixirse a:

Subir

Rexistro de convenios da Xunta de Galicia 

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais, asume a competencia para xestionar o Rexistro de convenios que asinen a Xunta de Galicia e os seus órganos dependentes. Deste xeito, pon á disposición da cidadanía a posibilidade de consultar a base de datos dos devanditos convenios.

Acceso ao Rexistro de convenios


 

Enlace ao OCEG Observatorio

Formación na EGAP

Acceso a Galimap

Acesso a DXAL

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP