Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio » POLÍTICA LINGÜÍSTICA » Servizos

Corrección e tradución

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece, a través da Área de Asesoramento Lingüístico, un servizo de corrección de textos en galego e tamén de tradución de textos breves redactados en castelán, atendendo aos seguintes criterios:

Os textos hanse remitir, preferentemente, en soporte electrónico e en formato word, para optimizar o tempo de execución do traballo e tamén a súa calidade final.

Correccións

A Área de Asesoramento Lingüístico realiza traballos de corrección de textos en lingua galega. Segundo este criterio, non se realizan correccións de documentos redactados noutras linguas.
As correccións realízanse atendendo ao aspecto ortográfico, morfolóxico, léxico, etc., de cará á correcta normativización do texto. De considerar que é precisa unha revisión de estilo, logo de consultar ao usuario, procédese ás modificacións pertinentes, a prol sempre dunha maior calidade lingüística do texto.

Traducións

Realízanse traducións do castelán ao galego de textos breves, sempre que a demanda do solicitante non teña carácter continuo.
As traducións son literais do texto orixinal e, de considerar a necesidade de introducir cambios relevantes na procura dunha maior calidade do texto, comunícaselle previamente ao remitente da tradución, para proceder ás rectificacións oportunas.

Asesoramento lingüístico

Atención ao público

Tfno.: 981 54 68 78 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00)
Fax: 981 54 44 24
Enderezo electrónico: sxpl.asesoramentolingua@xunta.es

Enderezo físico: R/ Pastoriza, n.º 8
15871 Santiago de Compostela

 

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a