Toponimia oficial - Nomenclátor de Galicia

Este servizo recolle a toponimia das provincias, parroquias, concellos e lugares de Galicia, de acordo cos ditames da Comisión de Toponimia e coas normas ditadas pola Xunta de Galicia.

Portada do libro Nomenclator de Galicia

Pode realizar unha busca guiada ou unha busca directa no servizo de consulta do Nomenclátor.

A toponimia oficial elaborouse con base nos principios normativos seguintes:

Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG 14.07.1983). No seu artigo 10 establece:

  • 1. Os topónimos terán como única forma oficial a galega.
  • 2. Corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente.
  • 3. Estas denominacións son as legais a tódolos efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública respectando en tódolos casos as normas internacionais que subscriba o Estado.

Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia (DOG do 31.03.1984), modificado polo Decreto 174/1998, do 5 de xuño (DOG do 22.06.1998)

Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia (DOG do 21.09.1984).

A toponimia oficial está recollida nos seguintes decretos:

  • A Coruña: Decreto 189/2003, do 6 de febreiro (DOG do 25.03.2003).
  • Lugo: Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro (DOG do 25.01.2000).
  • Ourense: Decreto 332/1996, do 26 de xullo (DOG do 29.08.1996).
  • Pontevedra: Decreto 219/1998, do 2 de xullo (DOG do 28.07.1998).

Comisión de Toponimia

Servizos Centrais da Xunta de Galicia
San Caetano s/n - Santiago de Compostela

Correo electrónico: toponimiaxunta.es

logotipo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a