últimasnovas
Circular interpretativa dos artigos 2, 3 e 4 do Real Decreto-Lei 20/2011 do 30 de decembro
30/01/2012 | Dirección Xeral de Administración Local

Coma consecuencia das dúbidas e inquedanzas expostas por diferentes concellos de Galicia, principalmente respecto do tema da contratación de persoal laboral, e coa intención de informarlles dos cambios lexislativos producidos e das consecuencias prácticas que estes van ter para os nosos concellos, emítese a presente circular cos criterios interpretativos da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, sen prexuízo da interpretación que a estes efectos fagan a posteriori o propio Goberno de España e os tribunais de xustiza.
Ampliación do prazo de Adhesión en liña ao Convenio para o desenvolvemento da e-administración nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia
03/01/2012 | Dirección Xeral de Administración Local

Considerando que xa se adheriron na súa maior parte todos os concellos e menor número as outras entidades locais, pero que é obxectivo do referido convenio acadar a maior adhesión posible, cara a facilitar a extensión do convenio, estímase necesario realizar unha nova prórroga (31 de marzo de 2012) , e para elo, faise pública unha Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia . A cumprimentación, sinatura e envio á Xunta destes documentos (protocolo e certificado) realízase de xeito dixital (en liña).
Últimos retoques para que o novo Museo da Cidade abra as súas portas
06/02/2012 | O Correo Galego

O antigo edificio do Banco de España comezou a librarse das estadas de obra que pechaban a fachada principal cara á praza de Platerías, e xa se aprecia a entrada acristalada que permitirá o acceso ao interior do recinto.
Programa de Voluntariado Dixital
06/02/2012 | Xunta de Galicia

Un total de 70 voluntarios e 25 entidades colaboradoras se adheriron xa ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta nos primeiros catro días desde a apertura da convocatoria
O Pleno municipal aproba a modificación do cadro de persoal de 2011
03/02/2012 | O Correo Galego

O Pleno aprobou definitivamente nunha sesión extraordinaria, cos votos favorables do grupo do Goberno e o negativo dos dous grupos da oposición, a modificación do cadro de persoal de 2011, unha vez estudadas e rexeitadas as alegacións presentadas.