[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

Heráldica

Subir

Que é?

Os símbolos das entidades locais son a primeira imaxe que un cidadán percibe delas, xa que os identifican e diferencian, entre moitas outras cousas, doutras entidades. A heráldica é un sistema emblemático que tivo unha presenza continuada e importante en todo o mundo occidental dende a súa aparición, hai xa máis de oito séculos. Nese sentido, a aplicación da heráldica adquiriu particular importancia e desenvolvemento como signo de identidade para perpetuar e divulgar as peculiaridades históricas e xeográficas das corporacións locais e doutras entidades públicas.

A determinación e definición dos símbolos non debe ser algo irreflexivo e que responda a cuestións de índole arbitraria ou caprichosa dun momento pasaxeiro, senón que debe derivar dun estudo pormenorizado e serio, destacando os feitos históricos, culturais e significativos do territorio ao que vai representar, permanecendo no tempo e singularizando a propia poboación que vive nel.

En consideración a estas razóns, a Xunta de Galicia estableceu un procedemento regrado, á disposición gratuíta de todas as entidades locais, encamiñado a lograr estes obxectivos e dar así unha simboloxía propia a cada un dos solicitantes.

Comisión Heráldica

A Comisión Heráldica créase polo Decreto 258/92, do 10 de setembro, como órgano consultivo da Xunta de Galicia adscrito a Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza.

Normativa

Subir

Como funciona?

Ofrécese o procedemento para a aprobación e publicación dos símbolos dunha entidade local. Ademáis ofrécese a posibilidade de consultar os símbolos que xa estean aprobados mediante a busca por nome da entidade local. Neste caso, mostrarase para cada entidade local o símbolo que teña aprobado (sexa bandeira ou escudo) e mostrarase o propio símbolo acompañado polo seu decreto de aprobación.

 

Subir

Procedemento

PROCEDEMENTO DE ADOPCIÓN DE INSIGNIAS
 
Acordo do Pleno
 
O Pleno da Corporación ten a facultade de adoptar, por maioría simple, os acordos relativos á aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos e bandeiras a teor do disposto na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (art.64.2.b) e segundo o artigo 2.1 do Decreto 369/1998, modificado polo Decreto 73/06, do 20 de abril, co fin de adaptalo á nova estrutura e departamentos da Xunta de Galicia. 
 
Información pública
 
O acordo plenario someterase a un trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos, co obxecto de que se poidan efectuar alegacións. O Pleno da corporación correspondente resolverá as alegacións.
 
Documentación
 

Remisión da documentación
 
A documentación á que se refire o artigo anterior será elevada pola entidade local á Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza.
Unha vez recibida, esta consellería solicitará o informe da Comisión Heráldica, no prazo de 30 días hábiles, quen, pola súa vez, poderá solicitar ditame da Real Academia Española da Historia ou doutra institución análoga.
 
Emisión do Informe
 
O informe da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, que terá carácter vinculante, deberase emitir no prazo de tres meses. Se no dito prazo non se recibise este informe ou outra comunicación ao respecto darase curso ao expediente sen máis trámite.
Segundo o artigo 47.1 da Lei de bases de réxime local, requírese o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros das corporacións para a adopción de acordos nas seguintes materias: adopción ou modificación da súa bandeira, insignia ou escudo".
 
 
 
 

Subir

Acceso ao servizo

Enlace ao OCEG Observatorio

Formación na EGAP

Acceso a Galimap

Acesso a DXAL

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP