Acceso Privado: Entrar »
Portal da Administración Local de Galicia
Sistema de información xeográfica GALIMAP
Que é?
O GALIMAP é un sistema de información gráfica interactivo que presenta diversa información sobre os concellos de Galicia e que permite establecer unha visión global e tamén unha comparativa, entre as distintas administración locais. O mapa permite visualizar consultas sobre distintas áreas temáticas: información xeral sobre o concello (alcalde, superficie, poboación, enderezo, teléfonos de contacto, fax, páxina web, descrición, parroquias, etc.), demografía, xulgados, tribunais, rexistros civís, notarías, calidade dos sevizos administrativos, administración electrónica (dotacións TIC, servizos básicos e procedementos) e unha visión xeral da rede de comunicacións da Xunta de Galicia na que están integrados practicamente a todalidade dos concellos de Galicia.
O GALIMAP permite obter a información de forma impresa e enviala a unha conta de correo electrónico ou a un móbil via SMS.
Como funciona?
O Sistema de información xeográfico GALIMAP presenta a información estruturada en capas, de forma que, cando o usuario selecciona un criterio nas opcións do menú esquerdo, automaticamente a información é representada no mapa, mostrándose deste xeito a situación dos concellos de Galicia respecto da consulta efectuada. Se vostede non pode ver correctamente o mapa, pode descargar o Flash Player necesario dende esta páxina.


