Acceso Privado: Entrar »
Portal da Administración Local de Galicia
Servizos telemáticos da Administración do Estado
- Que é?
- Como funciona?
- Acceso aos servizos telemáticos da Administración Xeral do Estado
- Acceso aos sistemas de información xeográfica do Estado
Que é?
Esta opción pretende recoller os servizos telemáticos interactivos de maior uso ofrecidos pola Administración do Estado, de forma que o usuario dispoña de ligazóns ás aplicacións de servizos nun mesmo lugar no Eidolocal. Tamén están dispoñibles os sistemas de información xeográficos (SIX) do Estado.
Como funciona?
O usuario seleccionará os servizos interactivos da Administración do Estado nesta páxina web facendo clic na ligazón correspondente. Na ligazón do CERES, poderá facer en liña a solicitude de certificado dixital na páxina da FNMT.
Acceso aos servizos
|
Oficina virtual 060 A rede 060 é unha oficina
virtual de portelo único de atención integral á cidadanía e á empresa, que pretende concentrar
todos os trámites destes co Estado e que se canaliza mediante teléfono, internet e oficinas.
A oficina virtual do 060 é un portal da Administración xeral do Estado destinado á relación da cidadanía coa Administración pública. Dende este portal, a cidadanía e as empresas poderán consultar información ou tramitar xestións nos disitintos departamentos da Administración Xeral do Estado. A través do portal 060, os propios cidadáns poden, directamente, resolver as súas xestións burocráticas mediante o DNI electrónico ou un certificado dixital. A rede 060 oferta servizos telemáticos que se irán ampliando paulatinamente. De momento, pódense presentar solicitudes nos rexistros telemáticos das tres administracións (con eDNI ou certificado dixital), obter copias compulsadas e seladas de documentos ou apuntarse a alertas de emprego, axudas e licitacións por SMS, etc. Tamén dispón de acceso ao rexistro telemático do Ministerio da Presidencia. Pechar |
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Administracións Públicas
A Oficina Virtual é unha
oficina de xestión telemática do Ministerio de Administracións Públicas. A través da oficina
virtual os cidadáns poderán facer xestións en liña sobre: estranxeiría, emprego público, formación,
contratación, axudas, trámites, etc... Tamén é posible facer xestións telemáticas
dirixidas ás
administracións, ás
empresas, e
aos
funcionarios dende estes
ligazóns.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Fomento
A Oficina Virtual é unha
oficina de xestión telemática do Ministerio de Fomento. A través da oficina virtual, a
cidadanía poderá realizar trámites relacionados con pago telemático de taxas, rexistro telemático,
aviación civil, transporte por estrada, etc. Dende a ligazón
tenda
virtual é posible mercar publicacións do ministerio.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
A oficina virtual é
unha oficina de xestión telemática do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. A través da
oficina virtual os cidadáns poderán facer consultas de expedientes do
rexistro telemático, solicitar procedementos telemáticos, reclamacións, solicitar axudas,
subvencións e premios, etc.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Cultura
Neste sitio pode
utilizar os servizos en liña que ofrece o Ministerio de Cultura e realizar trámites administrativos
por vía telemática.
O Ministerio de Cultura está a levar a cabo un despregamento progresivo de procedementos de administración electrónica, co obxectivo de facilitarlles a cidadáns e empresas as súas relacións co departamento. A plataforma de sinatura electrónica do Ministerio de Cultura ofrecelle á cidadanía un servizo para a comprobación da validez dos certificados dixitais expedidos por diversas autoridades de certificación. Pechar |
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Economía e Facenda
A oficina virtual é unha
oficina de xestión telemática do Ministerio de Economía e Facenda. A través da oficina virtual
os cidadáns poderán acceder a diversas xestións nas diferentes competencias do
ministerio.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Defensa
A oficina virtual é unha
oficina de xestión telemática do Ministerio de Defensa. A través da oficina virtual os
cidadáns poderár acceder aos servizos electrónicos do Ministerio de Defensa.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e
Marino
A oficina virtual é unha
oficina de xestión telemática do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino. Dende
este lugar poderá acceder aos servizos telemáticos que o Ministerio ofrece no marco da
Administración electrónica. Dende a ligazón
tenda virtual é
posible mercar publicacións do ministerio.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Ministerio do Interior
A oficina virtual é unha
oficina de xestión telemática do Ministerio do Interior. A través da oficina virtual os
cidadáns poderár acceder aos servizos electrónicos do Ministerio do Interior. Existen
servizos electrónicos nos que se necesita o certificado dixital.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Sanidade e Consumo
Rexistro no que vostede pode realizar a presentación telemática de escritos, solicitudes e comunicacións relacionadas cos procedementos e actuacións detalladas na páxina. Pechar |
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte
A oficina virtual é
unha oficina de rexistro telemático do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. A
través do rexistro poderá interactuar co ministerio a través dun certificado dixital
recoñecido.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Traballo e Inmigración
Dende esta
opción accederase á administración electrónica do Ministerio de Traballo e Inmigración. Pódense
facer trámites telemáticos como o rexistro telemático, a declaración electrónica de
traballadores accidentados, etc.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Ministerio de Ciencia e Innovación
Dende esta opción
accederase ao rexistro telemático do Ministerio de Ciencia e Innovación. Pódense facer
solicitudes telemáticas como reclamacións previas á vía xudicial civil ou recursos
extraordinarios de revisión.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual de coordinación financieira coas entidades locais
O Ministerio de
Economía e Facenda pon a disposición da Administración local esta oficina virtual, integrada no
portal da internet do departamento, e que foi deseñada co obxectivo de converterse no centro
principal de comunicacións entre a Dirección Xeral de Coordinación Financeira coas entidades locais
e os entes locais, en todos os aspectos relacionados co financiamento e o intercambio de datos
orzamentarios e económico-financeiros en xeral.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual do Catastro
A oficina virtual é unha
oficina de portelo telemático da Dirección Xeral do Catastro para a atención ao usuario. A través
da OVC, os cidadáns, as administracións públicas, a Administración de xustiza e as demais
institucións colaboradoras, como os notarios e rexistradores da propiedade, poden realizar
consultas, obter certificados e realizar algunhas das xestións que viñan realizando nas xerencias
do Catastro.
Pechar
|
||
|
Oficina virtual da Seguridade Social
A oficina virtual é o
portelo de atención ao usuario na internet a través da que cidadáns, empresas e colaboradores da
Seguridade Social poden realizar consultas e xestións que viñan realizando, de forma presencial, en
calquera das súas oficinas.
Dentro da oficina virtual atopará servizos orientados á cidadanía que permiten a consulta dos datos de carácter persoal, tales como a situación laboral actual ou cotizacións á Seguridade Social. Para a utilización destes servizos é necesario, nuns casos, dispoñer de certificado dixital e noutros poderase facer a solicitude sen certificado dixital, pero o informe envíase ao domicilio que conste na base de datos da Seguridade Social. Para acceder aos servizos con certificado dixital é imprescindible dispoñer dun certificado dixital, que garanta a seguridade e confidencialidade do trámite. O acceso aos servizos sen certificado dixital require: * Cubrir o formulario de solicitude do informe desexado. * Que os datos que se fagan constar no formulario coincidan cos existentes nas bases de datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. * Dispoñer de correo electrónico ao cal se enviará unha mensaxe informándoo sobre o estado da súa petición. Pechar |
||
|
|
Oficina Virtual da Axencia Tributaria Na oficina virtual da Axencia Tributaria, vostede poderá obter información ou realizar xestións da forma máis rápida e eficaz sen perdas de tempo, sin papeis e con total facilidade. Os accesos a estes servizos son de dúas formas, con certificado dixital e sen certificado dixital. Sen certificado dixital: Servizos de información como, por exemplo, enderezos, enderezos e teléfonos, ofertas de emprego público, poxas, normativa, calendario do contribuínte, folletos e guías, comercio electrónico, modelos de declaración para imprimir e cumprir, descargas de programas, etc.
Servizos con certificado dixital:
Como persoa física, pode presentar as súas declaracións de renda e patrimonio, consultar a devolución de renda, consultar as declaracións de renda e patrimonio presentadas por internet durante cinco anos, solicitar o cambio de domicilio fiscal (persoas físicas que non actúen como empresarios, profesionais e obrigados a reter), consultar en liña, durante a campaña de renda, os seus datos fiscais, solicitar o aboamento anticipado da dedución de nais traballadoras, imprimir directamente etiquetas fiscais, obtención do certificado de declaración de renda para solicitar axudas de colexios, comedor, transporte etc. Se dispón de negocio ou empresa, pode presentar as súas declaracións de retencións e ingresos a conta, presentar o modelo 036 de declaración censual e outros, como o 347 e o 349, imprimir directamente etiquetas fiscais, obter certificacións de estar ao corrente no cumprimento das obrigas fiscais, presentar, consultar e obter información sobre aprazamentos. Pechar |
|
|
Oficina virtual do Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) A oficina virtual é o
portelo de atención ao usuario do Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) na internet. Agora os cidadáns, empresas e colaboradores do SPEE-INEM poden realizar xestións, que antes tiñan que realizarse
necesariamente de forma presencial, a través da internet na oficina virtual do SPEE-INEM.
A utilización destes servizos requirirá, nalgúns casos, dispoñer dun certificado dixital (incluído o DNI electrónico) ou dun código de usuario ou identificarse mediante datos persoais. O SPEE admite certificados dixitais emitidos para persoas físicas por autoridades de certificación recoñecidas. Ao ser os procedementos de solicitude, revogación e renovación diferentes en cada caso, é conveniente que acceda ao sitio web de cada autoridade certificadora para consultar as súas políticas de certificación. Tipos de accesos aos servizos da oficina virtual: * Con certificado. O acceso a un servizo mediante esta opción require que o cidadán dispoña dun certificado dixital (incluído o DNI electrónico) emitido por unha autoridade de certificación recoñecida. * Con autorización. O acceso a un servizo mediante esta opción require dispoñer dunha clave de acceso emitida polos servizos públicos de Emprego. * Con identificación. Para acceder a un servizo mediante esta opción, o cidadán tense que identificar introducindo os datos persoais que se lle solicitan. * Sen identificación. O acceso a un servizo mediante esta opción non require ningún tipo de identificación do cidadán. Pechar |
||
|
|
Oficina Virtual do CERES da FNMT O certificado de
usuario é un documento dixital que contén, entre outros, os seus datos identificadores. Así, o
certificado de usuario permítelle identificarse na internet e intercambiar información con outras
persoas coa garantía de que só vostede e o seu interlocutor poden acceder a ela.
O certificado de usuario permitiralle realizar trámites de forma segura coa Administración pública a través da internet. Grazas ao seu certificado de usuario, poderá esquecerse de desprazamentos e esperas innecesarias. A Administración pública na internet é áxil e eficaz. O certificado de usuario utilízase a través do seu propio navegador, e non é necesaria a instalación de ningún programa adicional. Ademais, é gratuíto. Cando solicita un certificado de usuario, o seu navegador xera un par de claves. A clave privada gárdase no seu navegador e a clave pública envíase á FNMT-RCM. A FNMT-RCM asignará un código de solicitude a esa clave que lle será remitido vía web. Entón deberá comparecer nunha oficina de acreditación co seu documento de identidade e o devandito código. Finalmente, tras a acreditación, poderá proceder á descarga do certificado vía web. Este quedará instalado no seu navegador. Dende esta páxina pode solicitar o certificado na Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Pechar |
|
|
Proxecto IBERPIX O proxecto
IBERPIX (servidor de imaxes) é un servizo para visualizar imaxes e mapas de
teledetección e ortofotos. O sistema de información xeográfico IBERPIX proporciona diversa
información sobre o territorio peninsular e as illas. A información está estruturada en capas de
forma que cando o usuario selecciona un criterio nas opcións de menú, automáticamente a información
é representada no mapa mostrándose deste xeito a situación sobre a utilización do solo en
España.
Pechar
|
||
|
|
Proxecto SIGNA
O proxecto
SIGNA é un XIS (sistema de información xeográfico) que nos permite visualizar e
analizar a información xerada polo Instituto Xeográfico Nacional. Dispón dun visor que mostra a
información, mediante criterios de busca e localización, sobre un mapa.
Pechar |
|
|
|
Proxecto IDEE
A infraestrutura de datos espaciais de España (IDEE) ten como obxetivo integrar a través da internet os datos, metadatos, servizos e información de tipo xeográfico que se producen
en España, no ámbito nacional, rexional e local, facilitándolles a todos os usuarios potenciais a
localización, identificación, selección e acceso a tales recursos, a través deste xeoportal.
Para iso, ofrécense varias aplicacións, que inclúen un visualizador de información xeográfica, que permite compoñer mapas superpoñendo información de diferentes provedores, un catálogo de datos e servizos, para obter información sobre datos e servizos xeográficos que se producen en España, un buscador de nomes xeográficos, que facilita a localización de topónimos, e a posibilidade de descargar datos xeográficos. Pechar |
|
|
|
Proxecto DIGA O directorio de información
accesible (DIGA) é unha base de datos documental de metadatos que nos permite obter descricións, realizar consultas
alfanuméricas e gráficas dos diferentes conxuntos de información xeográfica que produce o Instituto
Xeográfico Nacional.
O sistema está formado polos principais conxuntos de datos producidos no IXN, catalogados en produtos segundo a serie á que pertencen e en unidades pertencentes a cada un dos produtos. Pola súa vez, DIGA posúe metadatos asociados a cada un dos produtos e unidades que contén, deseñados de acordo á norma internacional de metadatos ISO19115. Esta base de datos documental permítenos as seguintes accións:
|
|
|
Sistema de información territorial para concellos
Sistema de información
territorial para concellos que, partindo da base dunha cartografía, pode xeorreferenciar tanto a información como a propia xestión municipal,
proporcionando así aos concellos e aos cidadáns servizos en liña baseados en sistemas de
información xeográfica (SIX). Pódense visualizar sobre un plano aquelas rúas, casas ou
outras infraestruturas afectadas por unha determinada obra municipal, así como a situación dos
servizos de saneamento, electricidade, telefonía, gas etc. O sistema de información permite,
entre outros moitos usos, a xestión de licenzas de obra maior e menor, xa que, premendo sobre un
mapa nun determinado terreo, se dispón automaticamente de informacións como a súa clasificación
urbanística, dimensións da parcela, información sobre os lindeiros, as infraestruturas que o
rodean, comunicacións, servizos etc. Tamén facilitará a xestión de licenzas de apertura, de
actividades molestas, do padrón municipal, e a emisión de certificados de planeamento, entre outras
actividades. O programa posibilitará tamén que os concellos dispoñan de información sobre o titular
dun determinado predio, demais posesións deste, se ten algunha débeda pendente coa Administración
etc.
Pechar
|
||
|
Sistemas de información xeográfica do MAPA
Nesta páxina temos acceso a
diversos sistemas de información xeográfica, como pode ser o sistema de información xeográfica de
datos agrarios (SIGA) o sistema de información xeográfica oleícola español, sistema de
vixilancia e alerta da evolución anual dos cultivos e aproveitamentos, o sistema de
información xeográfica de parcelas agrícolas do estado (SIXPAC) e o sistema de identificación de
instalacións de acuicultura.
Pechar
|
||


