[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

Habilitación nacional

Subir

Que é?

 

De conformidade co previsto no artigo 13 da lei 4/1998 , do 26 de maio, da función pública de Galicia, correspóndelle ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza exercer as competencias que, respecto dos funcionarios de Administración Local con habilitación nacional, ten atribuída a Comunidade Autónoma de Galicia, e é a Dirección Xeral de Administración Local o órgano encargado da xestión da referida competencia ao amparo do disposto no artigo 40 do Decreto 578/2005, do 29 de decembro.

Segundo a Lei de Administración Local de Galicia 5/1997, do 22 de xullo (artigo 241), a Comunidade Autónoma de Galicia ten a competencia de execución, respecto dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, no seu ámbito territorial e dentro do marco da lexislación básica do Estado, no tocante a:

Así mesmo, e segundo o recollido na Orde de 12 de setembro de 2005, correspóndelle, por delegación do Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, á Dirección Xeral de Administración Local, a tramitación  dos expedientes relativos a:

Este centro directivo, co fin de acadar un axeitado exercicio das súas competencias, creou o Rexistro autonómico de postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación de carácter nacional en Galicia, en colaboración e coordinación co Ministerio de Administracións Públicas.

Subir

¿Como funciona?

 

Con base en todo isto, nesta opción ofrécese información sobre os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, incluíndo unha referencia á normativa aplicable, unha lista dos postos existentes e un buscador para estes. 

Subir

Acceso ao servizo

 

 


 
 

Enlace ao OCEG Observatorio

Formación na EGAP

Acceso a Galimap

Acesso a DXAL

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP