[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

Proxecto europeo E-QUALITAS

Subir

Que é?

         

Proxecto. Implantación de instrumentos de calidade e novas teconoloxías na Administración local: contidos de innovación (E-QUALITAS/SPI.E69/02)

 

O proxecto está integrado dentro do programa Interreg IIIA Galicia-Norte de Portugal, foi aprobado o día 15 de decembro de 2004 e  ten un orzamento de 364.964,12 €, que se reparte a partes iguais; pois 184.964,12 € é a cantidade asignada aos socios galegos e 180.000,00 € a os socios portugueses, a contribución comunitaria  este mesmo é de 273.723,09 €.

As entidades participantes son por parte de Galicia:


Por parte de Portugal:


Definición: o proxecto consiste no deseño e execución dun programa transfronteirizo de implantación municipal das cartas de servizos * como instrumento de calidade na organización e prestación dos servizos públicos. E en definitiva, trataríase de fomentar e implantar conxuntamente novos modelos de facer na prestación dos servizos que as entidades locais teñen asumidos, que asuman as pautas de modernización da xestión e funcionamento das administracións públicas europeas. A formulación do proxecto persegue o incremento e mellora dos niveis de cobertura interrexional en materia tanto de equipamentos como de servizos de apoio ás persoas dun e doutro lado da fronteira, coa idea de garantir unha resposta óptima ás súas necesidades como usuarios da Administración.

     

* A Carta de servizos é un documento público, elaborado e difundido, neste caso, polo concello, mancomunidade ou cámara municipal, onde se reflicten de forma accesible para a cidadanía os dereitos, as facilidades que a Administración ten previstas para atendelo, as expectativas razoables que poden ver satisfeitas e os compromisos de calidade que a organización asume como estándar. O obxectivo é informar o cidadán sobre as condicións nas que se prestan os servizos públicos por parte da Administración, describindo a unidade e facendo públicos os seus compromisos da calidade.

 

Como funciona?

 Netes servizos terase acceso a  presentacións e a distintas páxinas  web nas que se desenvolvan  contidos  do citado proxecto e se citen diversas actuacións que fomentan o deseño e a execución do programa transfronteirizo Interreg IIIA.


Subir

Acceso ao servizo  

Enlace ao OCEG Observatorio

Formación na EGAP

Acceso a Galimap

Acesso a DXAL

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP