[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

Plan de Desenvolvemento da Xestión Local 2008/2009

 O Plan  de Desenvolvemento da Xestión Local  2008/2009 dirixido especificamente aos  cargos electos das distintas entidades  locais de Galicia. A finalidade do  mesmo é servir de apoio na mellora  e o desenvolvemento da xestión  pública achegando os coñecementos  e o adestramento necesario para que  calquera cargo electo poida levar a  cabo un perfeccionamento da xestión  da súa concellería e, á vez, poida  afondar en materias especificas de  outros ámbitos da xestión local.

Os asistentes ao Plan de Desenvolvemento  da Xestión Local terán a súa disposición  7 Cursos de Perfeccionamento de 16  horas de duración cada uno, que poderán  cursarse de forma independente. Cada un dos cursos de actualización  estrutúrase en 4 seminarios individuais de  4 horas de duración. O Plan de formación  se complementa coa realización de 7  conferencias nas que se profundizará en  temas de especial interese en cada unha  das áreas de coñecemento que se abordan  ó longo do ciclo de formación.

As persoas que desexen participar no  Plan ou nalgún dos cursos deberán  cubrir o formulario de matrícula  que está publicado  na páxina web da EGAP  http://egap.xunta.es e remitilo á
Escola Galega de Administración  Pública, rúa de Madrid, 2-4, 15707  Santiago de Compostela por  calquera dos medios permitidos  pola normativa reguladora do  procedemento administrativo.  Ademais admitiranse solicitudes  por telefax ao número 981 546330,  así como por correo electrónico ao  enderezo local.egap@xunta.es.
O prazo de solicitude do Plan  completo e do primeiro curso  rematará o 31 de marzo de 2008.
A convocatoria de cada un dos  módulos así como o prazo de  presentación de solicitudes se  existiran prazas vacantes indicarase  na páxina web http://egap.xunta.es

As bases, características e contidos do Plan serán publicados nos vindeiros días no DOG.

Ficheiros adxuntos:

Imaxes:

« Voltar

Enlace ao OCEG Observatorio

Formación na EGAP

Acceso a Galimap

Acesso a DXAL

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP