[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

Formación local

Subir

Que é?

 

A Xunta de Galicia, a través da consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, e da dirección xeral de Administración Local como departamento responsable das relacións coas corporacións locais de Galicia, e na súa liña de colaboración cos concellos galegos, puso en marcha unha serie de actuacións tendentes a difusión e actualización da realidade do tecido local da nosa comunidade.
A formación dos empregados públicos, é unha ferramenta útil para facer efectiva unha Administración de calidade. É precisamente a través da formación do capital humano, elemento esencial da actuación das Administracións Públicas, como se realiza a atención eficaz das demandas dos cidadáns. Trátase, deste xeito de chegar aos empregados públicos superando o seu distanciamento e dispersión xeográfica, o que se consegue tamén a través da utilización de novas modalidades formativas e teleformación A proposta ofrécese tamén á clase política municipal (aos cargos electos) coa finalidade de preparar ao gobernante local no liderazgo político e de que adquira competencias e habilidades necesarias para o mellor desenvolvemento do seu labor, a partir da premisa de que a preparación política resulta indispensable para que os cargos electos se adapten ás necesidades emerxentes do sempre esixente e cambiante mundo local.
A Dirección Xeral de Administración Local, para o exercicio das súas funcións e competencias, correspóndelle a formulación e xestión dos programas formativos en materia de Administración local, a través da Escola Galega de Administracións Pública, e este ano organiza este ano o Programa de Formación Local 2008.

Este programa de formación vai dirixido aos membros e persoal das distintas corporacións locais de Galicia e estructúranse do seguinte xeito;

a) Función directiva; Programa de formación de cargos electos.

b) Formación superior; Cursos de Especialización.

c) Formación xeral; (incluíndo a modalidade de teleformación).

d) Xornadas de actualidade local; seminarios e outras actividades.

Subir

Como funciona?

No momento en que saia cada unha das convocatorias adxuntarase a información do programa de dita convocatoria no que se especificarán as seguintes características de cada unha das xornadas convocadas polas EGAP en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local:


Subir

Acceso ao servizo

Enlace ao OCEG Observatorio

Formación na EGAP

Acceso a Galimap

Acesso a DXAL

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP