[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

Subvencións e axudas da Dirección Xeral de Administración Local

Que é?

A Dirección Xeral de Administración Local é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle se atribúen á Comunidade Autónoma galega no tocante ao fomento de liñas de colaboración coas entidades locais galegas, no referente á convocatoria e á execución de liñas de subvención destinadas a elas. Consecuentemente, encargarase da proposición e xestión de programas conxuntos coas corporacións locais no ámbito propio das competencias que lle correspondan á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, incluíndo a coordinación das propostas que procedan en canto ás convocatorias, selección e adxudicación das subvencións, axudas que se destinan ás entidades locais galegas, e fará un seguimento da súa xustificación. Se vostede é usuario de Eidolocal e dispón dos permisos necesarios, poderá solicitar calquera destes procedementos na parte privada do portal, na opción Xunta de Galicia-Xestión e procedementos con solicitude telemática.

As liñas de axuda tramitadas son as seguintes:

OBRAS E EQUIPAMENTO

Orde_pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de obras e equipamento para a prestación de servizos municipais nos concellos e  nas entidades menores de Galicia.

Obxecto e beneficiarios.

1. Convócase subvencións , en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2010, ás entidades de Galicia destinadas a realización de obras de rehabilitación , mellora , adaptación ou obras complementarias dentro dos edificios destinados a prestación de servizos municipais, así como equipamentos para servizos.


2. Poderán ser beneficiarios desta subvención aquelas entidades de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:

a. Que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo cos datos do derradeiro padrón.

b. Ter presentadas as contas das entidades as que se refire o artigo 208 e seguinte do Real Decreto Lexislativo 2/2004 , do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2008 no Consello de Contas de Galicia

c. As actuacións que se poden subvencionar responderán a :

c-1. Obras de rehabilitación ,adaptación , mellora ou obras complementarias dentro dos edificios destinados a prestación de servizos municipais.

c-2. Equipamento de mobiliario para os edificios destinados a prestación de servizos municipais. 

  En fase de elaboración previo á publicación no D.O.G.

AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL

Orde - pola que se regula a concesión de axudas económicas aos concellos de Galicia para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante a tempada de verán.
 
OBXECTO: Trátase de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a sufragar os custos de contratación temporal de auxiliares de policía local, contribuíndo cos concellos, co fin de aumentar a eficacia dos seus corpos de policía local, no desenvolvemento das funcións que lle son propias durante a tempada de verán (xuño, xullo, agosto e setembro).
 
BENEFICIARIOS:

1. Poderán solicitar os beneficios desta orde aqueles concellos que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Que a súa poboación non supere os 30.000 habitantes, segundo o padrón municipal a 1 de xaneiro de 2009.

b) Que conten con corpo de policía local formado por un mínimo de tres membros.

c) Que vexan aumentada de forma notoria a súa poboación durante os meses de verán e que isto faga necesario reforzar os servizos que presta a policía local.

d) Que teñan presentadas as contas do concello a que se refire o artigo 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2008 no Consello de Contas de Galicia

2. O número de contratos temporais que efectúe o concello non poderá superar o cincuenta por cento do persoal funcionario da policía local do concello peticionario, coa excepción prevista no artigo 95.7º da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia.

O número de contratos temporais que subvencionará a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza non poderá superar o cincuenta por cento do persoal funcionario da policía local do concello peticionario.

3. Corresponderalle ao concello peticionario o pagamento, como mínimo, do 25% do importe total do contrato formalizado co/s auxiliar/es de policía local, sendo por conta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o pagamento, como máximo, do 75% do custo da contratación, incluídos os custos sociais.

4. Non serán consideradas as solicitudes dos concellos que non teñan actualizado o envío de datos da súa policía local ao rexistro de policía local de Galicia (Dirección Xeral de Emerxencias e Interior) na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
 
En fase de elaboración previo á publicación no D.O.G.

INFRAESTRUTURAS  DE USO PÚBLICO EN ÁMBITOS RURAIS E URBANOS

  Orde_pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos de Galicia.

Obxecto e beneficiarios.

1. Por medio desta orde establécense as bases para conceder subvencións, en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2010, aos concellos de Galicia, destinadas á realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos de Galicia.

2. As actuacións que se van subvencionar responderán a proxectos completos (fase única), do seguinte tipo:

a) Adecuación de prazas e paseos municipais.

b) Creación, adecuación ou rehabilitación de espazos e parques destinados á infancia.

3. Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que teñan menos de 30.000 habitantes , de acordo cos datos do derradeiro Padrón de habitantes.

b) Ter presentadas as contas do concello ás que se refire o artigo 208 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004 , do 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2008 no Consello de Contas de Galicia.

4. Só se poderán presentar un proxecto por concello, no que poderá incluírse máis dunha actuación.

5. Deberá realizarse a totalidade do proxecto presentado.

En fase de elaboración previo á publicación no D.O.G.

 

ASOCIACIONISMO MUNICIPAL

 Orde_pola que se anuncian axudas económicas destinadas ao fomento do asociacionismo municipal, a través de mancomunidades de municipios e consorcios locais

Obxecto e beneficiarios.

Establécense subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2010 en favor das mancomunidades de municipios e consorcios locais de Galicia, no que se refira aos gastos correntes de funcionamento ou os referidos á prestación de servizos de carácter obrigatorio para os municipios asociados.

Estas entidades deberán ter presentadas as contas ás que se refire o artigo 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais correspondentes ao exercicio 2008 no consello de Contas de Galicia.

Non serán consideradas as solicitudes daquelas entidades supramunicipais que non teñan actualizados os seus datos no rexistro de entidades locais de Galicia desta consellería, así como as dos consorcios locais dos que forma parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento. 

 En fase de elaboración previo á publicación no D.O.G.

CONFEDERACIÓNS, FEDERACIÓNS, COORDINADORAS OU AGRUPACIÓNS DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DE GALICIA
 

Orde_pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar o funcionamento das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia.

Obxecto e beneficiarios.

1. Convócanse subvencións en réxime de concorrencia competitiva en favor das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia, en diante entidades, con destino á programación e desenvolvemento durante o ano 2010 de actividades propias e gastos correntes de funcionamento.

2. Estas entidades deberán, en todo caso, estar debidamente inscritas no Rexistro Central ou nos rexistros provinciais de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, non sendo consideradas as solicitudes das entidades non inscritas e coa totalidade dos seus datos actualizados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

En fase de elaboración previo á publicación no D.O.G.

Como funciona?

Neste servizo terase acceso ás bases das subvencións (texto da orde) e aos anexos de solicitude correspondentes a cada convocatoria aberta no momento da súa publicación no DOG.

As subvencións concedidas publicaranse a traves de listados, coa expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputen, do beneficiario (clasificando os concellos beneficiarios por provincias), da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

 

  Subir

Acceso ao servizo de información

  Acceso a iMit

     Acesso a DXAL

Formación na EGAP

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP

Acceso a Galimap