Acceso Privado: Entrar »
Portal da Administración Local de Galicia
Inserción de anuncios no DOG
Que é?
Este servizo permítelles realizar envíos de disposicións ao DOG a aqueles usuarios que estean autorizados previamente polo Diario Oficial de Galicia.
Como funciona?
Para poder acceder a este servizo, cómpre ser dado de alta previamente como usuario (pode demandalo cubrindo esta solicitude de alta no sistema de inserción de anuncios no DOG). A alta neste sistema permítelle a quen posúa certificado dixital o acceso a el mediante a introdución do par usuario + contrasinal (que se lle notificará ao solicitante despois da aceptación da súa solicitude). Ademais, é necesario dispoñer de Certificado dixital clase 2CA da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda.
Para poder realizar o envío, o usuario deberá ter elaborado o anuncio nun documento que será o que teña que anexar na pantalla do envío. Ademais, terá que ter aboado no banco ou caixa de aforros a correspondente taxa, co valor que poderá calcular mediante a opción incluída no propio servizo.
Dende esta opción, tamén pode comprobar se a configuración do seu navegador cumpre os requisitos técnicos.
Acceso ao servizo


