Ferramentas da lingua galega
- Que é?
- Como funciona?
- Acceso ao dicionario da RAG
- Acceso ao vocabulario da RAG
- Acceso ao dicionario enciclopédico sobre as tecnoloxías da información e comunicación
- Acceso ao servizo de consulta lingüística
- Acceso ao servizo de corrección e tradución
- Acceso ao servizo de tradución automática
- Acceso ao servizo de toponinimia oficial - nomenclátor de Galicia
- Instalación corrector ortográfico en Office 2000, XP ou 2003
- Paquete de interface en galego para Office 2003
- Paquete de interface en galego para Windows XP
- Paquete ofimático de software libre OpenOffice en galego
- Golfiño. Corrector gramatical para OpenOffice Subir
Que é?
Nesta opción os usuarios dispoñen de ferramentas que
facilitan o emprego correcto da lingua galega. O usuario ten á súa disposición os
seguintes servizos: dicionario da Real Academia Galega, consulta de vocabulario da Real Academia
Galega, servizos da Secretaría de Política Lingüística, como consulta, tradución e
corrección, e tamén a toponimia oficial de Galicia. Os usuarios tamén poderán instalar no seu
ordenador unha interface de Windows XP e Oficce 2003 se dispoñen dun Windows e Office orixinal e un
paquete ofimático gratuito. Os usuarios tamén poderán instalar no seu ordenador un interface de
widows XP e Oficce 2003 si dispoñen dun Windows e Office orixinal. Tamén está dispoñible e o
paquete ofimático gratuíto OpenOffice co seu corrector gramatical Golfiño.
Como funciona?
Deberá facer clic na opción correspondente, dependendo de se desexa consultar unha palabra ou traducir un texto. Nas opción de consultas lingüísticas e de tradución de textos, poderá enviar unha mensaxe coa súa solicitude.
|
Dicionario da Real Academia Galega Dicionario da RAG: Este dicionario especifícanos o/os significado/s da/s palabra/s que buscamos e indícanos os seus sinónimos. Pechar |
||
|
|
Vocabulario da Real Academia Galega
Vocabulario da RAG: O vocabulario especifícanos a morfoloxía da palabra que
buscamos.
Pechar
|
|
|
|
Dicionario enciclopédico sobre as tecnoloxías da información e comunicación
Dicionario enciclopédico: O Dicionario galego das TIC é froito dunha iniciativa
conxunta da Xunta de Galicia e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia,
desenvolvida coa colaboración da Universidade de Vigo e da Real Academia Galega. Trátase dun
compendio documental de referencia que aglutina os termos conceptuais que expresan o amplo universo
das TIC e da sociedade da información, reunindo máis de 4.000 vocablos.
Pechar
|
|
|
|
Servizo de Consulta Lingüística
Servizo de Consulta Lingüística: O área de asesoramento lingüístico atende
calquera consulta relacionada coa lingua galega (sobre fonética, ortografía, morfoloxía,
sintaxe...) ou de carácter terminolóxico, en colaboración co Servizo de Terminoloxía da Real
Academia Galega (Termigal). Tamén dúbidas sobre outros aspectos relacionados coa lingua galega,
como lexislación, dereitos e deberes lingüísticos, toponimia e antroponimia, datos
sociolingüísticos, asesoramento en bibliografía, etc.
Pechar
|
|
|
|
Servizo de Corrección e Tradución A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece, a través da Área de Asesoramento Lingüístico, un servizo de corrección de textos en galego e tamén de tradución de textos breves redactados en castelán, atendendo aos seguintes criterios: Os textos hanse remitir, preferentemente, en soporte electrónico
e en formato word, para optimizar o tempo de execución do traballo e tamén a súa calidade final.
Correccións: A Área de Asesoramento Lingüístico realiza traballos de
corrección de textos en lingua galega. Segundo este criterio, non se realizan correccións de
documentos redactados noutras linguas.
Traducións: Realízanse traducións do castelán ao galego de textos breves,
sempre que a demanda do solicitante non teña carácter continuo.
|
|
|
|
Servizo de tradución automática Este sistema permítelle traducir ao galego textos, documentos e páxinas web escritos en castelán. Tamén están dispoñibles os prototipos dos tradutores automáticos francés-galego e catalán-galego. Textos: Tradución de textos de ata 4.096 caracteres (formato ASCII). Documentos: Tradución de documentos de ata 500 KB (en formato ASCII, RTF, DOC ou HTML). Dependendo da carga do servidor, a tradución pode tardar desde 5 segundos ata 5 minutos. Unha vez traducidos, os documentos pódense descargar e gardar. Páxinas Web: Tradución de páxinas web. A páxina traducida móstrase nunha nova ventá do explorador. Cada enlace no novo explorador traducirase automaticamente cando se faga clic sobre este. Pechar |
|
Toponimia oficial - Nomenclátor de Galicia
Toponimia de Galicia:
Este servizo recolle a toponimia das provincias, parroquias, concellos e lugares de Galicia, de acordo cos ditames da Comisión de Toponimia e coas normas ditadas pola Xunta de Galicia. Pode realizar unha busca guiada ou unha busca directa no servizo de consulta do Nomenclátor. A toponimia oficial elaborouse con base nos principios normativos seguintes: Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG 14.07.1983). No seu artigo 10 establece:
Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia (DOG do 31.03.1984), modificado polo Decreto 174/1998, do 5 de xuño (DOG do 22.06.1998) Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia (DOG do 21.09.1984). A toponimia oficial está recollida nos seguintes decretos: A Coruña: Decreto 189/2003, do 6 de febreiro (DOG do 25.03.2003). Lugo: Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro (DOG do 25.01.2000). Ourense: Decreto 332/1996, do 26 de xullo (DOG do 29.08.1996). Pontevedra: Decreto 219/1998, do 2 de xullo (DOG do 28.07.1998). Pechar |
|
Instalación corrector ortográfico en Office2000, XP ou 2003 Corrector automático para Office 2000, XP e 2003. A súa descarga é gratuíta. Permite a corrección de erros ortográficos e tipográficos, segundo o vocabulario galego normativo actualizado. Pechar |
|
Paquete interface en galego para Office 2003 O Paquete de interface en Galego para Microsoft Office 2003 fornece unha interface de usuario en Galego para moitos programas do Microsoft Office 2003. Pechar |
|
Paquete de interface en galego para Windows XP O Paquete de Interface de Galego para produtos Windows XP fornece unha interface en galego para a maioría das interfaces de usuario de Windows XP. A descarga está dispoñible para os clientes que teñan software de Microsoft Windows orixinal. Este Paquete de Interface de Galego requirirá a validación do seu Microsoft Windows no tempo de instalación. Esta validación asegura que vostede está a usar unha copia de Windows con licenza completa e auténtica. Pechar |
|
Paquete ofimático de software libre OpenOffice en galego OpenOffice.org é unha suite ofimática de software libre e código aberto que inclúe ferramentas como procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, ferramentas para o debuxo vectorial e base de datos. Está dispoñible para moitas e diversas plataformas, como Microsoft Windows, sistemas de tipo Unix co Sistema X Window como GNU/Linux, BSD, Solaris e Mac OS X. Está pensado para ser compatible con Microsoft Office, con quen compite. Soporta o estándar OpenDocument para o intercambio de datos, e pode ser utilizado sen custo ningún. Pechar |
||
|
Golfiño. Corrector gramatical para OpenOffice O Golfiño permítelle
ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras
funcionalidades. Deste xeito, o galego convértese na primeira lingua do estado que conta con esta
ferramenta.
|
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a