Acceso Privado: Entrar »
Portal da Administración Local de Galicia
Guía do cidadán
Que é?
Servizo que ofrece unha guía de procedementos administrativos nos que se pode
obter información clara e concisa (obxecto, normativa, documentación, solicitude e directorio de
unidades xestoras), dos distintos procedementos administrativos, de interese para o cidadán,
xestionados polas diferentes consellerías da Xunta de Galicia.
Subir
Como funciona?
A busca pode realizarse por varios criterios á vez (por exemplo: perfil do
solicitante: agricultor, tipo de precedementos: subvencións, consellería: Política Agroalimentaria
e Desenvolvemento Rural), xa que non son excluíntes, se ben debe vostede ter en conta que o abanico
de resultados será maior canto menos se acote a busca.
Os criterios establecidos clasifícanse por:
- Materia.
- Perfil do cidadán que solicita información.
- Consellería.
- E finalmente por un texto libre de busca.
Unha vez localizado o procedemento, poderase visualizar toda a súa información detallada:
obxecto, normativa, documentación que cómpre presentar, modelo de solicitude normalizada (formato
pdf), prazos e enderezos e teléfonos de contacto das unidades administrativas responsables da
tramitación.
Finalmente, lembre que o contido da Guía do Cidadán ten carácter informativo para quen o solicite e, polo tanto, en ningún caso entrañará unha interpretación normativa á que se refire o artigo 37.10º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


