Consulta de perfis de contratantes e dos procedementos de contratación

Subir

Que é?

Este servizo permite a consulta de perfís de contratantes dados de alta na plataforma de contratación pública de Galicia así como dos distintos procedementos de contratación en curso, pendentes de adxudicar, adxudicados provisionais, definitivos, desertos, anulados...

Subir

Como funciona?

Ao entrar na opción, accederase á pantalla que permitirá realizar unha busca filtrada de todos os perfís de contratantes dados de alta na plataforma de contratación pública de Galicia. Mediante esa pantalla poderase escoller o tipo de organismo que contrata, a provincia, e os órganos de contratación. Unha vez realizado o filtro, amosará a listaxe de todos aqueles que coincidan coa busca. Así mesmo poderanse facer distintos tipos de consultas sobre os procedementos de contratación rexistrados na plataforma por cada contratante.

Subir

Acceso ao servizo