[P] Acceso Privado:  Entrar »

Portal da Administración Local de Galicia

Busca na web:   

 

Observatorio da Calidade e da e-Administración en Galicia

Subir

Que é?

O Observatorio da Calidade e da e-Administración (OCEG) pretende fomentar e potenciar a incorporación da calidade e das TIC nas administracións públicas en Galicia para a mellora dos servizos públicos. As medicións e estudos que o observatorio leve a cabo estarán á disposición de toda a cidadanía, que as poderá consultar a través da súa páxina web. Neste sentido, incorpóranse os primeiros datos relativos ao nivel de utilización das TIC no ámbito local que, cunha actuación correspondente ao segundo trimestre de 2006, reflicten a participación de todos os concellos de Galicia. A actividade do observatorio permitirá coñecer os atrancos e uso dos servizos da e-Administración, carencias, barreiras, evolución, boas prácticas, análise e avaliación dos resultados.

Adicionalmente o OCEG, ademais de facer públicos os resultados dos diferentes informes desenvolvidos pola Consellería de Presidencia, encargarase de integrar toda a información dispersa relativa a estes ámbitos do coñecemento (IGE, INE ou Eurostat, por exemplo) tales como estudos de interese para Galicia, estatísticas, informes sobre a situación actual ou de evolución dos usos dos servizos electrónicos ou ferramentas de calidade na Administración.


Subir

Como funciona?    

A  través do seu sitio na internet, a cidadanía, as empresas, os profesionais e interesados en xeral disporán de indicadores referidos a Galicia, cos que poderán facer un seguimento do nivel de modernización da Administración.

Subir

Acceso ao servizo

Enlace ao OCEG Observatorio

Formación na EGAP

Acceso a Galimap

Acesso a DXAL

                Acceso á AGASP

           Acceso á FEGAMP